Somos quince alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos do CEIP Eduardo Pondal de Vigo.
Co primeiro día de outubro abrimos o noso blog para compartir actividades, experiencias, escribir poemas, recomendacións, explorar, investigar, aprender...
Para moitas máis actividades que se nos ocurran e queiramos compartir.
Un espazo no que podedes opinar, comentar e que medrará coas vosas aportacións.
Damos a benvida á nova estación :O OUTONO e animámosvos a imprimir e colorar coas cores do outono
estas MANDALAS.
Na páxina de plástica podes velas todas!http://pondalvigo.blogspot.com.es/p/plastica.html
As mandalas eran utilizadas polos orientais desde hai moitos anos con nenos e adultos para:
1.-Mellorar a concentración e a observación
2.-Disfrutar co debuxo aumentando a creatividade coloreando.
3.-Utilizar as cores primarias, secundarias e terciarias, asi como os tonos das mesmas.
4.-Comparar os seus traballos co fin de melloralos.
5.-Fomentar a autoestima polo traballo realizado.
Atrévete con esta
MANDALA MÁXICA:http://www.actiludis.com/?p=49587&
Intentámolo!
Encántame este novo blogue , noraboa!!
ResponderEliminar