sábado, 24 de octubre de 2015

Axudamos na inauguración da Biblio Crocaio

Puxemos as chapas de axudantes de Crocaio e repartimos os carnés e os agasallos a todas as aulas. Fixémolo moi ben!
 Pero antes recitamos entre todos . Érase unha vez un conto de Ana Mª Fernández e o
Romance de Pinocho, poema da escritora galega Marica Campo.

Érase unha vez un conto
que non se quixo contar,
rebelde,curto, poeta,
que escapou da biblioteca,
sen levar una maleta,
só a maxia da súa letra,
e botouse a a camiñar,

porque xa non tiña gana
de que chegasen as fadas,
nin as bruxas tan malvadas,
nin o lobo,
o elefante,
nin o mago máis parlante,
nin o dragón,
nin a espada,
nin a princesa,
nin…¡nada!
¡Só quería viaxar!

E montou primeiro en globo,
En tren, barco e bicicleta,
Deu tres voltas ao planeta,
Sen volver a vista atrás.

Érase una vez un conto,
Rebelde, curto, poeta,
Que aprendeu deste planeta
A poñer amor na letra
Para volverse a contar.


Ana Mª Fernández . Tres voltas ao planeta


Tamén practicamos os ritmos musicais coa canción que cantamos todos:



Estes somos nós:


E esta semana imos preparar contos de medo para escribir e contar......neste
                      SAMAÍN 2015
preme na imaxe para ler algún conto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario