Monstros e bruxas
miércoles, 28 de octubre de 2015
sábado, 24 de octubre de 2015
Axudamos na inauguración da Biblio Crocaio
Puxemos as chapas de axudantes de Crocaio e repartimos os carnés e os agasallos a todas as aulas. Fixémolo moi ben!
Pero antes recitamos entre todos . Érase unha vez un conto de Ana Mª Fernández e oRomance de Pinocho, poema da escritora galega Marica Campo.
Érase unha vez un conto
que non se quixo contar,
rebelde,curto, poeta,
que escapou da biblioteca,
sen levar una maleta,
só a maxia da súa letra,
e botouse a a camiñar,
porque xa non tiña gana
de que chegasen as fadas,
nin as bruxas tan malvadas,
nin o lobo,
o elefante,
nin o mago máis parlante,
nin o dragón,
nin a espada,
nin a princesa,
nin…¡nada!
¡Só quería viaxar!
E montou primeiro en globo,
En tren, barco e bicicleta,
Deu tres voltas ao planeta,
Sen volver a vista atrás.
Érase una vez un conto,
Rebelde, curto, poeta,
Que aprendeu deste planeta
A poñer amor na letra
Para volverse a contar.
Ana Mª Fernández . Tres voltas ao planeta
Tamén practicamos os ritmos musicais coa canción que cantamos todos:
Estes somos nós:
SAMAÍN 2015
miércoles, 14 de octubre de 2015
viernes, 9 de octubre de 2015
jueves, 8 de octubre de 2015
jueves, 1 de octubre de 2015
Estamos de inauguración
Somos quince alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos do CEIP Eduardo Pondal de Vigo.
Co primeiro día de outubro abrimos o noso blog para compartir actividades, experiencias, escribir poemas, recomendacións, explorar, investigar, aprender... Para moitas máis actividades que se nos ocurran e queiramos compartir.
Un espazo no que podedes opinar, comentar e que medrará coas vosas aportacións.
Damos a benvida á nova estación :O OUTONO e animámosvos a imprimir e colorar coas cores do outono estas MANDALAS.
Na páxina de plástica podes velas todas!http://pondalvigo.blogspot.com.es/p/plastica.html
As mandalas eran utilizadas polos orientais desde hai moitos anos con nenos e adultos para:
1.-Mellorar a concentración e a observación
2.-Disfrutar co debuxo aumentando a creatividade coloreando.
3.-Utilizar as cores primarias, secundarias e terciarias, asi como os tonos das mesmas.
4.-Comparar os seus traballos co fin de melloralos.
5.-Fomentar a autoestima polo traballo realizado.
Atrévete con esta
MANDALA MÁXICA:http://www.actiludis.com/?p=49587&
Intentámolo!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)