lunes, 8 de enero de 2018

Visita ao PERGAMEO VINDELno Museo do Mar en Vigo

O pergamino ou pergameo Vindel é un texto copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV que contén as sete cantigas de amigo de MARTÍN CÓDAX, con notación  musical todas menos unha.
O comerciante de libros antigos Pedro Vindel atopouno por casualidade servindo de forro a un libro de Cicerón.
Exponse no Museo do Mar ata o mes de marzo.
O texto e a música das cantigas eran compostas polos trobadores e entregadas en follas soltas aos xograres para que as interpretaran.
Os trobadores eran poetas que compoñían nas cortes os seus poemas entre os séculos XI ao XIII
ONDAS DO MAR DE VIGO é un dos poemas máis coñecidos.
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus, se verrá cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus, se verrá cedo!

Hai máis de setecentos anos que estes trobadores crearon poesía en lingua galega, de aí o seu valor histórico e hoxe son considerados os pais da nosa literatura dos que outros poetas como Rosalía, Cunqueiro ou Bouza Brey colleron inspiración.




No hay comentarios:

Publicar un comentario