lunes, 8 de enero de 2018

Visita ao PERGAMEO VINDELno Museo do Mar en Vigo

O pergamino ou pergameo Vindel é un texto copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV que contén as sete cantigas de amigo de MARTÍN CÓDAX, con notación  musical todas menos unha.
O comerciante de libros antigos Pedro Vindel atopouno por casualidade servindo de forro a un libro de Cicerón.
Exponse no Museo do Mar ata o mes de marzo.
O texto e a música das cantigas eran compostas polos trobadores e entregadas en follas soltas aos xograres para que as interpretaran.
Os trobadores eran poetas que compoñían nas cortes os seus poemas entre os séculos XI ao XIII
ONDAS DO MAR DE VIGO é un dos poemas máis coñecidos.
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus, se verrá cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus, se verrá cedo!

Hai máis de setecentos anos que estes trobadores crearon poesía en lingua galega, de aí o seu valor histórico e hoxe son considerados os pais da nosa literatura dos que outros poetas como Rosalía, Cunqueiro ou Bouza Brey colleron inspiración.




domingo, 7 de enero de 2018

Preparamos voluntariado de lectura

Un ano máis o alumnado de 5º e 6º de primaria está adcrito ao programa de actividades de voluntariado cultural relacionadas coa lectura nas modalidades.
A: Colaboración coa Biblioteca escolar
B: Lecturas compartidas dentro do centro e 
C : Lecturas compartidas fóra do centro
segundo a convocatoria do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, para o curso 2017-2018
Participan todos os alumnos e alumnas nas tres modalidades. 
Esta iniciativa pretende favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado; deben de realizar un mínimo de 15 horas de voluntariado para que o seu labor sexa recoñecido no fin do curso cun diploma enviado desde a Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Traballaremos  na colaboración desde Xaneiro ata Maio.
Algunhas alumnas de sexto xa comazaron en setembro como contacontos en infantil todos os martes, esta actividade ampliarase co alumnado de 5º a 1º, 2º e 3º cursos tamén todos  os martes.
Cada semana de fin de mes realizaremos a actividade de LECTURAS COMPARTIDAS: Obradoiro de lectura entre 5º e 6º, comezaremos o venres día 19, no que cada alumno  de 5º preparará un fragmento de La vuelta al mundo de la hormiga Miga para ler en voz alta aos demais e o alumnado de sexto presentará os seus PPT sobre o libro.
O alumnado de sexto nesa semana presentará nos cursos de 4º e 3º o s seus PPT sobre La hormiga MIGA.O día 26 faremos o primeiro Obradoiro de lectura.
No mes de febreiro elexiremos cada un un libro para ser presentado aos demais seguindo a ficha correspondente e leremos en voz alta o fragmento elexido, será o día 24 de febreiro.
Marzo, traballaremos o libro en galego Formigas e cada curso presentará o día 23 aos demais o traballo que elixan: mural, PPT,  lectura en voz alta...servirá de preparación para recibir ao autor que nos dará unha charla. Faremos igualmente ese día o Obradoiro de lectura.
Abril Día do libro, faremos a saída para ler fóra do centro, iremos á gardería e ao centro da terceira idademáis próximo.O Obradoiro de lectura será o día 28.
Tamén temos programadas outras actividades paralelas como a visita á Biblioteca Neira Vilas ou a Visita ao Pergameo Vindel que xa traballamos na aula.
FICHA DO OBRADOIRO DE LECTURA
1.-Presentaremos o libro en voz alta memorizando:
Título
Autor
Editorial
Biblioteca á que pertenece.
2.-Escolleremos unha actividade diferente das seguintes para cada obradoiro, tachando as que xa fixemos:
-Ler un fragmento interesante entre 40 e 50 líñas.
-Ler un poema.
-Ler un resumen dun libro lido  que nos gustara moito sen contar o final.
-Ler o comezo dun libro.
-Presentar aos personaxes dun libro.
Sempre presentaremos e daremos algún dato do autor ou autora.
Podemos repetir a actividade si a facemos en castelán e en galego.
CONTACONTOS NOUTRAS AULAS
Contacontos en Infantil Martes 6º  Mércores 5º
Contacontos en 1º: Luns 6º Martes 5º
Contacontos en 2º:Xoves 5 Venres 6º
En 3º e 4º programaremos algunha actividade xuntos.

Axudantes de Biblioteca: Decidiremos os horarios na primeira.




Traballo de Lola