O martes 2de maio , comezamos con 6º curso o Programa de Prevención de Drogodependencias do Concello de Vigo, que vai ter tres sesións máis os próximos tres martes do mes de maio.
O Equipo de Prevención de drogodependencias do Concello de Vigo vén desenvolvendo diferentes programas preventivos, dos que os obxectivos fundamentais son: Promover unha conciencia social sobre a importancia dos problemas, os danos e os custes relacionados coas drogas. Potenciar o desenvolvemento integral das persoas. Fomentar as capacidades e habilidades persoais que faciliten actitudes e comportamentos de rechazo ante a oferta de drogas. Ofrecer altenativas de vida e lecer saudable. Fomentar a autoestima:
No hay comentarios:
Publicar un comentario