Imáxenes que resumen a saída do pasado xoves ao circuito de bicis do monte vigués do Castro.
O alumnado de 5º e 6º participou de tres grupos: peóns, ciclistas e policías.
Charla previa dos policías municipais : Pablo e Pilar que farán unha segunda intervención no cole.Por hixiene utilizaron gorro de papel debaixo dos cascos.
Algúns metéronse á perfección no seu papel:
Disfrutaron no rol de ciclistas.Non é moi doado sancionar as infraccións.
Pedalearon en grupo, esquecendo individualidades e tendo precaución.
Ao remate sacamos conclusións do noso comportamento nos tres roles. Que podemos mellorar?
Que aprendemos?
Unha saída moi educativa e super interesante para respectar as normas de tráfico, aprender a ir correctamente en bici e para realizar s actividades tendo en conta sempre as peculiaridades de cada un do grupo que nos tocou.
Grazas a Pili e Pablo pola súa paciencia, profesionalidade e amabilidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario