jueves, 20 de octubre de 2016

Comezamos a tope co cine!


6º Curso: Investigamos sobre a película "E.T."
Mentres vemos a película convén fixarse en :
A interpretación dos actores e actrices, que é moi boa.
A música, que se integra perfectamente nas imáxenes.
O momento no que vemos ao extraterrestre.Ata entón, o Sr.Spielberg, fainos agardar: vemos un pé, unha man, o pescozo e, por fin, vémolo enteiro.
A posición da cámara: hay moitos momentos que está á altura do extraterrestre, que é máis ben baixiño, e por iso aos adultos só se lles ve de cintura para abaixo.

Despois de ver a película contestamos:
Existen ou non os extraterrestres? Cal é a túa opinión?
Quen é para ti un bo amigo? Que cualidades a de ter?
Podes saber máis  si te atreves con esta unidade didáctica:file:///C:/Documents%20and%20Settings/Propietario/Escritorio/7_ET.pdf

5º Traballamos sobre Festivais de Cine



 Sabería dicir:  Onde se celebra este festival?
O alumnado de 5º tamén comezou o seu cartel de Matilda
Para saber máis:
http://www.cyberpadres.com/tiempo_libre/carteleras/auladecine/recursos/Matilda.pdf

domingo, 9 de octubre de 2016

Educación Vial: Saída ao Circuito do Castro

Imáxenes que resumen a saída do pasado xoves ao circuito de bicis do monte vigués do Castro.
O alumnado de 5º e 6º participou de tres grupos: peóns, ciclistas e policías.
Charla previa dos policías municipais : Pablo e Pilar que farán unha segunda intervención no cole.
Por hixiene utilizaron gorro de papel debaixo dos cascos.
Algúns metéronse á perfección no seu papel:
 Disfrutaron no rol de ciclistas.
Non é moi doado sancionar as infraccións.
Pedalearon en grupo, esquecendo individualidades e tendo precaución.
Ao remate sacamos conclusións do noso comportamento nos tres roles. Que podemos mellorar?
Que aprendemos?
Unha saída moi educativa e super interesante para respectar as normas de tráfico, aprender a ir correctamente en bici e para realizar s actividades tendo en conta sempre as peculiaridades de cada un do grupo que nos tocou.
Grazas a Pili e Pablo pola súa paciencia, profesionalidade e  amabilidade.