O Equipo de Prevención de drogodependencias do Concello de Vigo vén desenvolvendo diferentes programas preventivos, dos que os obxectivos fundamentais son:
- Promover unha conciencia social sobre a importancia dos problemas, os danos e os custes relacionados coas drogas.
- Potenciar o desenvolvemento integral das persoas.
- Fomentar as capacidades e habilidades persoais que faciliten actitudes e comportamentos de rechazo ante a oferta de drogas.
- Ofrecer altenativas de vida e lecer saudable.
Outras comunidades tamén ofertan programas semellantes ao seu alumnado de 6º de primaria e da ESO, aquí tedes unha montaxe de Andalucía con ideas útiles para todos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario