A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca por segundo ano para os centros educativos de toda Galicia o programa ‘Atrévete’, co obxectivo de promover a cultura do emprendemento entre o alumnado de 5º e 6º de primaria e o de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
Dáse a coñecer o tecido industrial da súa contorna a través de visitas ás empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras e de actividades do fomento do emprendemento, que se celebran nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) dependentes da Consellería.
As actividades para 5º e 6º desenvolvéronse no centro Manuel Antonio (Vigo).
Os escolares tiveron a oportunidades de achegarse ás experiencias emprendedoras de Carlota, unha alumna de pastelería que xa ten a súa propia empresa (Delicias de Bouzas), puideron tamén percorrer o propio CIFP e coñecer as ensinanzas que nel se imparten e as iniciativas de emprendemento que nacen nos seus viveiros de empresas.

O programa complétase, un ano máis, con concurso ‘Atrévete a ter unha idea’, no que as alumnas e alumnos participantes deberán propoñer unha idea de negocio e redactala en, como máximo, dous folios.
Premiaranse con dous e-books en cada caso, as dúas mellores ideas de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO.
Premiaranse con dous e-books en cada caso, as dúas mellores ideas de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO.
Aquí tedes o vídeo resumen da nosa visita ao Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio de Vigo, unha visita na que destacou a amabilidade por parte dos mestres e alumnos que iamos atopando no camiño.
Visitamos tamén a súa espléndida Biblioteca, integrada tamén como a Biblio Crocaio no PLAMBE e desde a que puidemos admirar as fermosas vistas sobre a nosa cidade.
Unha visita magnífica na que nos decatamos de que temos moi pertiño un centro de estudios de Formación Profesional como : moda, sanidade, panaderia, pastelería, camareiro.. que nos dan en dous anos un título co que podemos enseguida poñernos a traballar, eso sí, debemos remata a ESO para os ciclos medios e o Bachelerato para os ciclos superiores!
No hay comentarios:
Publicar un comentario