miércoles, 16 de diciembre de 2015

Tamén nos gustará...

O comisario xefe de policía Bilbo Bons, o máis grande, espilido e gracioso detective da historia, aínda que ninguén o coñeza, investigará a desaparición repentina de Anciñas, unha marsopa do zoo da súa cidade. Aquel caso da marsopa desaparecida foi o primeiro traballo de Bilbo Bons, un detective baixo e gordiño a quen lle encanta meter o nariz en todas partes. Sopa de marsopa de Isabel Freire, novela ilustrada por Jon Puga, é a presentación do personaxe de Bilbo Bons, un detective que dará moito que falar.

El profesor de música de Yoël Hassan. Editorial Edelvives:

Este libro querémolo ler!
Simón Klein es un profesor de música judío que está a punto de jubilarse. Éste va a ser su último curso. El desánimo le invade cuando piensa en esos alumnos con los que cada día tiene que medir sus fuerzas y a los que no parecen interesarles sus enseñanzas. Pero este año aplicará toda la disciplina necesaria para no dejarse pisar. Cuando conoce a los alumnos de sexto, piensa que tiene posibilidades de hacer un buen trabajo con ellos, excepto con Malik Choukri, el pequeño de diez hermanos árabes de dudosa fama en el colegio. Sin embargo, éste mostrará pronto una destacada inclinación hacia la música que llamará la atención del viejo profesor, pero de la que éste dudará por sus prejuicios. Bella es la mujer de Simón. Conoce el caso de Malik e intenta convencer a su marido de que es como una llamada. Simón comprueba la sinceridad del chico, Malik narra el origen de su pasión por la música: un sueño en el que su abuelo, le invita a seguir sus pasos con el violín, algo que él desea ardientemente a pesar de la oposición de su abuela. Malik les pedirá ayuda, pero esto ....

domingo, 13 de diciembre de 2015

Visita a un centro de FORMACIÓN PROFESIONAL

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca por segundo ano  para os centros educativos de toda Galicia o programa ‘Atrévete’, co obxectivo de promover a cultura do emprendemento entre o alumnado de 5º e 6º de primaria e o de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). 
Dáse a coñecer o tecido industrial da súa contorna a través de visitas ás empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras e de actividades do fomento do emprendemento, que se celebran nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) dependentes da Consellería.

As actividades   para 5º e 6º desenvolvéronse no centro Manuel Antonio (Vigo). 
Os escolares tiveron a oportunidades de achegarse ás experiencias emprendedoras de Carlota, unha alumna de pastelería que xa ten a súa propia empresa  (Delicias de Bouzas), puideron tamén percorrer o propio CIFP e coñecer as ensinanzas que nel se imparten e as iniciativas de emprendemento que nacen nos seus viveiros de empresas.
O programa complétase, un ano máis, con concurso ‘Atrévete a ter unha idea’, no que as alumnas e alumnos participantes deberán propoñer unha idea de negocio e redactala en, como máximo, dous folios. 
Premiaranse con dous e-books en cada caso, as dúas mellores ideas de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO.
Aquí tedes o vídeo resumen da nosa  visita ao Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio de Vigo, unha visita na que destacou a amabilidade por parte dos mestres e alumnos que iamos atopando no camiño.


Visitamos tamén a súa espléndida Biblioteca, integrada tamén como a Biblio Crocaio no PLAMBE e desde a que puidemos admirar as fermosas vistas sobre a  nosa cidade.
Unha visita magnífica na que nos decatamos de que temos moi pertiño  un centro de estudios de Formación Profesional como : moda, sanidade, panaderia, pastelería, camareiro.. que nos dan en dous anos un título co que podemos enseguida poñernos a traballar, eso sí, debemos remata a ESO para os ciclos medios e o Bachelerato para os ciclos superiores!