lunes, 30 de abril de 2018

Visitamos o Parlamento e a Xunta de Galicia






Visitas

Visitamos O CIFP Carlos Oroza de Pontevedra:
Dous alumnos fixéronnos de guías para coñecer o centro

Fixemos actividades colaborativas de emprendemento e coñecemos a un exalumno emprendedor que nos contou o seu negocio, ademais de estudar dereito leva unha revista "La boda de Nerea", onde os noivos teñen toda a información sobre como organizar a súa boda.
Estivo moi interesante!

miércoles, 4 de abril de 2018

Visita a Aqualia


Aqualia é a compañía de servicios públicos de auga de Vigo, onte visitamos as súas instalacións na Rúa Cantabria en Vigo. Alí puidemos escoitar unha charla na que nos lembraron o ciclo da auga cun vídeo e participamos nun xogo para coñecer o uso responsable que facemos da auga.
Despois saímos ao exterior a coñecer as súas instalacións e alí vimos a boca do túnel polo que entra a auga directamente da presa de Eiras, travesando a famosa "Ruta da auga", un sendeiro moi coñecido para nós porque  o percorremos camiñando  ou en bici, xa que é moi chan e vai ata máis alá de Redondela .
Despois explicáronnos o proceso de decantación polo que recollen toda a suciedade que trae a auga e os posteriores procesos para que a auga chegue ao noso fogar  perfectamente limpa. Vimos un inmenso depósito  e comprendimos canta auga se gasta diariamente na nosa cidade!!

Despois mostráronnos o museo no que ademais de máquinas, contadores antigos etc. teñen rochas que extraeron das excavacións dos túneis polos que pasaron. Tamén nos agasallaron cuns dvd para a biblioteca e unha gorra a cada un!
Tamén nos lembraron que este mesmo día se inauguraba a nova  depuradora de augas residuais do Lagares en Vigo que é unha importante obra para a nosa cidade:

            Reflexionamos sobre A auga en África, recurso moi escaso e necesario, tema do que falamos cando celebramos a carreira solidaria de Save de Childrens