lunes, 14 de noviembre de 2016

Primeiro obradoiro de lectura de 5º e 6º

Actividade de lectura conxunta na Biblioteca, uns len a outros os seus libros preferidos, practican lectura, escoita, comprensión e expresión e coñecen moitos libros nunha soa sesión!
 E preparan, practican na casa a súa lectura. 
Utilizan a biblioteca de aula, do centro ou da súa casa e poñen moito empeño en facelo moi ben!

Unha vez ao mes, imos preparando xa a de decembro, será o luns día 12.


martes, 1 de noviembre de 2016

Preparamos...


6º curso preparará un traballo individual sobre un animal e sobre unha planta.
Os animais poden ser : a vacaloura, o urogalo, o raposo, troita, xabarín, píntega, cabaliño do demo, curuxa, cuco e abellón.
Escolle entre estas plantas, arbustos  ou árbores: ciprés, abeleira, castiñeiro, carballo , romeu, breixo, toxo, acivro, camelio, eucalipto e cerdeira.
Ánimo, empregaremos a biblioteca e o ordenador, para investigar e presentar o noso traballo.