Os alumnos e alumnas de 3º a 6º visitamos hoxe o Concello de Vigo.
Fomos recibidos polo Sr. Alcalde de vigo Don Abel Caballero, que nos explicou como é o seu traballo.
Podes consultar a noticia sobre a nosa visita pna páxina web do Concello:
Visitamos a Aula de Música Tradicional e agasalláronnos con dúas fermosas cantigas tradicionais.
Visitamos a sala onde se vixía e regula o tráfico:
Tamén nos explicaron no Laboratorio que non se debe beber das fontes sen consultar co concello si están analizadas as súas augas.
Unha visita moi interesante, na que aprendemos moitas cousas xa que estivemos moi atentos!